Robots asesinos

A aparición e multiplicación de robots e outros sistemas autónomos na nosa vida cotiá é un cambio máis sustancial do que pode semellar. De feito Europa comeza a plantearse regular este sector en pleno auxe. A expansión da intelixencia artificial (IA) e dos sistemas intelixentes, autónomos e con capacidade de decisión propia, replantea un abanico de problemas clásicos relacionados coa filosofía, relacionados con dilemas morais.

O 7 de xulio de 2016 deuse unha situación que implicaba un robot utilzado para matar, isto tivo lugar en Dallas cando un home supostamente asesinou a cinco axentes, o que levou aos policías a utilizar por primeira vez este robot para matar ao sospeitoso. Ten dereito a policía a utilizar robots para quitarlle a vida a unha persoa?
Un profesor dunha universidade de Washington, experto en leis e robótica non considera que o uso dun robot nunha situación excepcional como esta abra ningunha cuestión legal aínda que se trate dun asunto sensible.

A campaña ´´Stop Killer Robots´´ promove a prohibición mundial das armas autónomas e alerta que esta revolución en armamento correspondese cunha etapa da humanidade comparable ao descubrimento da pólvora.

Mentres científicos como Elon MuskStephen Hawking o Noam Chomsky insisten que é necesario darlle máis importancia á ética e reflexionar sobre a nosa seguridade  antes de avanzar, algunhas empresas xa traballan en proxectos relacionados con este campo


Según Stephen Hawking: «Si bien el desarrollo de la inteligencia artificial podría ser el evento más grande en la historia humana, por desgracia podría también ser el último».

Comentarios

Entradas populares