Deben pagar impostos os robots?
Como xa vimos en anteriores entradas os robots son capaces de desenvolver traballos típicamente realizados por humanos. Ante esa situación a pregunta lóxica sería, que imos facer cando nos substitúan? como se gañará a xente a vida?. Pola contra dende Bruselas chega a pregunta, deben pagar impostos os robots? só se preocupan polas perdidas que lle suporía. Fan creer a sociedade que buscan o ben para o pobo, mais os seus salarios dependen do diñeiro das arcas públicas (se non hai impostos no hai diñeiro).
Falannos de progreso, avance pero a que prezo?. Ao longo dos anos perderonse traballos como o de ascensorista, o que agora parece un traballo moi primitivo nunha década o noso pasaría a formar parte desa categoría. É necesario tomar medidas ao respecto, a tecnoloxía debe facilitarnos a vida, mellorala.
Para moita xente por sorte o seu traballo é a súa maior paixón, quitarllo suporía un cambio na súa visa si, pero para peor. Que necesidade hai de intentar mellorar algo que enche moitas vidas de felicidade?. Isto lévanos a preguntarnos hasta que punto os políticos se interesan polo ben común.
A intelixencia artificial debería ser empregada para obter fins morais como o tratamento dunha enfermidade cerebral, por exemplo. Tratemos como unha amiga a esta tecnoloxía, non nos deixemos levar pola corrupción e pola ambición.
Comentarios
Publicar un comentario