Os millennials

Denominanse millennials aos mozos nacidos antes do 2000, esta xeración é considerada como unha das máis polémicas. Dícese de eles que adican a maior parte do tempo ao ocio e as tecnoloxías, mais é isto verdade?

Marcelo Boss, director de Provokers, vota esta teoría abaixo. Segundo as súas investigacións esta xeración preocupase por ámbitos sociais e teñen unha necesidade moito maior de experimentar e descubrir que os seus antecesores (Xeración X). Os millennials loitan por conseguir o traballo que lles apasiona sen buscar un gran soldo. Gústalles disfrutar das festas con amigos sen preocupación e todo esto leva a que queran ter fillos máis tarde, aínda que eso non quere dicir que non os queiran ter.
Debemos ter en conta que non todas as persoas desta xeración teñen as mesmas características.
En canto a tecnoloxía, os millennials caracterizanse por estar conectados habitualmente as redes sociais, tamén usan Internet como medio de apoio ao estudo. Nalgúns casos esto pode xerar adicións insalubres. Hai indagacións que afirman a existencia do síndrome FOMO ( ''Fear Off Missing Out'', medo a perderse algo) ,é un dos motores que impulsa  a estas persoas a compartir selfies felices e unha exposición ( ás veces desmesurada) da súa vida. O maior medo desta xeración é quedarse fóra e os dispositivos case son unha extensión dos dedos.

Comentarios

Entradas populares