Stranger Things

Ficción ou realidade?

Stranger things é unha serie que está arrasando mundialmente, millóns de persoas viven cos personaxes as súas aventuras. Pero por que ten tanto éxito?
 O argumento parte da desaparición dun neno en condicións dubidosas, a súa vez aparece no mesmo pobo unha nena, Eleven, quen escapou dun laboratorio onde facían experimentos con ela debido as súas capacidades mentais. A serie vai transcurrindo e os seus protagonistas descobren a existencia dun mundo paralelo ao noso, o mundo ao revés, onde monstruos e maxia negra coexisten.  Científicos do goberno estadounidense baixo un proxecto secreto, que ten como finalidade derrotar aos rusos,  conseguen abrir un portal entre ambos mundos...

Todos poderiamos pensar que é unha historia nacida da imaxinación do seu director, mais non é así esta basada nun suposto experimento do goberno chamado 'Montauk Project' . A maioría da información sacarona dun libro e atoparon persoas que poideran corroborar esa mesma, unha desas persoas foi un home chamado Al Bielek que afirma que o goberno levou a cabo experimentos con el e que posteriormente borraron parte dos seus recordos.


Hai moitos casos ´´paranormales´´ que supostamente tiveron lugar baixo o amparo deste experimento, pero o máis popular incidente tivo lugar na Segunda Guerra Mundial. En octubre do 1943, o goberno comezou varios experimentos secretos para conseguir enganar aos radares nazis e asi axudar aos seus aliados europeos. O goberno nunca o desmentiu mais este non só conseguiu enganar ao radar mencionado, tamén enviaron un barco de guerra a outro lugar, un sitio descoñecido, do cal os seus tripulantes reguesaron con trastornos. Tras este feito o goberno decidiu terminar co proxecto.

Estes datos son moi curiosos, estraños como di o título da serie, quizais simples rumores ou quizais non. Que ocultan os nosos gobernos? O noso diñeiro poder ser empregado para experimentos dese tipo? Ata que punto coñecemos o límite da ciencia?


Comentarios

Entradas populares