Trump ten medo

O controvertido presidente dos Estados Unidos, ten pensado aumentaro gasto militar un 9,27% o ano que ven. Iso supón 54.000 millóns de dólares, o maior aumento presupuestario do Pentágono dende o 11-S,hai 15 anos. Segundo algunhas fontes o aumento de gasto en Defensa virá acompañado con recortes na Administración Pública. Esos 51.000 millóns de euros superan catro veces o presuposto do Ministerio de Defensa de España.



Pero onde van esos 600.000 millóns de dólares que gastan en Defensa? A Armada lévase tan só un tercio, o Exécito de Terra unha cuarta parte e a forza aérea un 20%. Só en intelixencia artificial invirte uns 80.000 millóns. Tendo en conta que estas cifras non inclúen os presupostos da CIA , nin da NASA, nin do Departamento de Enerxía, aínda que dedican a metade das súas actividades á Defensa.
En total un de cada seis dólares de gasto público están destinados ao Departamento de Defensa.


Os cidadáns estadounidenses realmente non saben a onde vai parar o seu diñeiro, que tipo de proxectos ou experimentos se levan acabo. A poboación ten o dereito de saber o que fan os seus gobernantes e onde vai o se diñeiro, porque o país non é duns poucos é de todos. Partindo diso  o Goberno debería facer públicos os documentos que mostran o paradeiro do diñeiro público, e o pobo observe ata que punto é ético que o seu soldo vaia cara fines vélicos e non para hospitais, colexios...
E sí, Trump ten medo, Trump é covarde, aínda que pareza o contrario. Este presidente non ten a capacidade de dialogar e de arranxar os conflitos mediante a palabra, por iso recorre á violencia. Por xente como el, sen valores, o noso mundo retrocede e as mentes volvense pechar, o medo ao que dirán enxalzase. Todo o que loitaron pola liberdade, polos nosos dereitos, deixamolo a un lado porque é máis sinxelo asentir que revelarse, porque nesta sociedade está mellor visto ser como os demais que ser diferente.
A ciencia tamén pode ser utilizada de forma negativa como neste caso para a violencia.





Comentarios

Entradas populares