E as mulleres?

Cando pensamos en grandes científicos que influíron na evolución da ciencia automaticamente lembramos nomes como, Einstein, Galileo Galilei, Newton e incluso hoxe en día Stephen Hawking. Pero se agora che pido que me digas nomes de mulleres influíntes neste ámbito? probablemente digas un ou dous nomes.
Moita xente pode pensar que as mulleres non tiñan as mesmas capacidades o que é totalmente falso. O sexo feminino ao longo da historia viuse discriminado en labores de tipo intelectual, xa que a sociedade machista da época tiña á muller como un ser inferior. 
Nesta entrada vou facer un recorrido pola historia a través das mulleres na ciencia, nomeando as máis importantes.

Jocelyn Bell
Rosalind Franklin


No século XVI a muller queda excluída das universidades polo que as que estivesen interesadas nos estudios debían obter os seus estudos de maneira informal. Durante a Revolución científica estendese a idea da inferioridade da muller que perdurará ata os nosos días.
Coa Ilustración a muller vese máis liberada, aínda que as súas contribucións seguían sendo limitadas. As súas teorías quedaban no aire de debates que realizaban con intelectuais da época. No campo das matemáticas cabe destacar a Maria Gaetana Agnesi. Durante este período as mulleres traballaban como asistentes de irmáns ou dos seus maridos, isto permitelles presentar os seus proxectos,mais co nome do home, como exemplo podemos pór a Caroline Herschel, primeira astrónoma en presentar o seu libro na Royal Society.
A finais do século XIX as oportunidades das mulleres vénse acrecentadas xa que unha serie de universidades como Girton College en Reino Unido. Isto sumase a que debido á guerra as mulleres introdúcense no mundo da madiciña exercendo como enfermeras. Elizabeth Garret Anderson foi a primeira en coseguir  título de mediciña, quen xunto a outras mulleres do campo médico fundaron a London School Medicine for Women.
O século XX ignagurase con esplendor grazas a científica máis coñecida, Marie Curie, primeira muller en gañar un nobel. A partir dese momento a muller cobra un papel importante, Curie abre camiño ás científicas modernas como Rosalind Franklin, quen tivo un papel importante no decubrimento da estructura do ADN; Jocelyn Bell, astrofísica que descubre o púlsar; Lise Meitner, descubridora do proceso da fisión nuclear, Jane Goodall, Rachel Carson...
Girton College

London School Medicine for Women

Comentarios

Entradas populares