A tecnoloxía como apoio de persoas con alzheimer

O alzheirmer afecta a 44 millóns de persoas en todo o mundo, entre elas a ávoa de Emma residente en Hong Kong.
Emma ten 14 anos e vive en Nova York desde onde se comunica coa súa ávoa, que padece a enfermidade desde hai 7 anos. 

Resultado de imagen de alzheimer





Con tan solo 8 anos Emma comenzou a desenvolver o seu proxecto de crear unha aplicación para persoas con alzheimer, a partir da intelixencia artificial e o recoñecemento facial, co fin de facilitar a comunicación entre os enfermos e a súa familia e amigos.
A aplicación recibe o nome de Timeless ( Eterno ) e ten dúas funcións principais: Actualizar e identificar.


Resultado de imagen de app timeless


 A través de actualizacións os familiares envian as súas fotografías e grazas ao recoñecemento facial aparecen etiquetados co seu nome e o seu parentesco para que o receptor poda recoñecelos.
Coa ferramenta de identificar o paciente pode recoñecer aos seus achegados a través do uso da cámara que automaticamente indica o nome da persoa e outros datos gardados sobre esa persoa.
A aplicación ten outras funcións como por exemplo os recordatorios. Cando o enfermo chama varias veces a mesma persoa nun periodo corto de tempo a aplición lembralle que acaba de chamar a esa persoa. Tamén funciona como axenda informando das actividades diarias e facendo unha lista de contacto con imaxes para que esa persoa poda recoñecer á xente.
Un dos principais retos aos que se enfronta Yang é conseguir que a aplicación sexa o suficientemente simple para que os enfermos aprendan a usala sen olvidarse.Polo momento co apoio dun coidador pode ser viable

Comentarios

Entradas populares