Películas científicas

Desde futuros imposibles ata documentais sobre a realidade da vida na Terra. Na última década vivimos unha explosión de films científicos.
Ao igual que cos libros vou facer unha selección das películas que me pareceron máis interesantes:

  • A viaxe do emperador - 2005. Conta a viaxe dun grupo de pingüinos pola Antártida. Loita contra os obstáculos para chegar aos lugares de cría e comezar a época de apareamento. O percorrido narra o nacemento ata a morte pasando polo pareamento e a loita pola supervivencia
.
  • Particle Fever - 2013. Que somos? de onde vimos? A película é un retrato humanizador da élite científica. Imaxina como debeu ser o momento no que Edison encendeu a primeira bombilla o cando Franklin decubriu a primeira descarga de electricidade. Particle Fever permite ao espectador asistir ao Gran colisionador de Hadrones, un acelerador de partículas que permite recrear as condicións que existían momentos despois do Big Bang.

  • Her - 2013. A tecnoloxía cambio a nosa forma de vida e tamén a nosa forma de divertirnos, pero que esta facendo coa nosa forma de relacionarnos? O contexto de Her enmarcase nun futuro cercano, Theodor un home solitario a punto de divorciarse que  traballa nunha empresa como escritor de cartas a terceiras persoas, merca un novo sistema operativo baseado na Intelixencia Artificial. A sorpresa chega cando entre el e a voz femenina do sistema operativo comezan unha relación romántica.





Trailers












Comentarios

Entradas populares