Transfiren unha lembranza dun individuo a outro


     





Uns biólogos tranferiron unha lembranza dun caracol marino a outro mediante unha técnica que consiste en inxectar ARN de un a outro. Esta investigación podería levar a novas formas de tratar traumas que proveñen de recordos desagradables e recuperar lembranzas, en seres humanos.


O ARN é un mensaxeiro celular é encargado de transportar as instrucción do ADN a outras partes da céula.




O equipo de David Glazman da UCLA (EEUU) administrou leves descargas eléctricas a colas de caracois marinos. Recibiron cinco descargas cada vinte minutos e cinco máis ás 24h seguintes. As descargas activaron o reflexo de retirada defeniva do caracol, unha reacción que lles axuda  a protexerse dun dano potencial. Cando os investigadores tocaron posteriormente os caracois, notaron que aqueles que recibiran as descargas amosaban unha contracción defesiva de 50 segundos de media demostrando que lembraban as malas experiencias. Naqueles que non recibiran descargas durou de media un segundo.
Mais tarde o ARN dos primeiros foi tranferido aos caracois que non recibiran as descargas, amosando estes últimos unha reacción de contracción defensiva de media 40 segundos como si eles recibiran anteriormente as descargas.

Resultado de imagen de caracol marino[Img #50942]


Comentarios

Entradas populares